Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Presentación de Amorrer, o novo disco de 9Louro
Esta festa faise para celebrar que estamos vivos.
Con música feita dende aquí, con cariño, sen poses e con moita ilusión.
Martín Louro cumpre un soño: presentar Amorrer na Sala Capitol.
Será unha festa de presentación, con moitos convidados, varias sorpresas e un novo directo pensado especialmente para esta noite.
“ A Nuite Dos Non Mortos” é para xuntarnos, escoitar, bailar, emocionarnos e brindar pola nova música galega que segue medrando.
Se che gusta a música feita con verdade, esta noite é para ti.
Vémonos na Capitol


